AGE recurre la licencia otorgada a Cementos Cosmos e insta a la Xunta de Galicia a que requiera su anulación al Ayuntamiento de Triacastela

Los diputados Antón Sánchez, Xosé Manuel Beiras y Juan Manuel Fajardo en una comparecencia de AGE

El grupo parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda, a través de su diputado Antón Sánchez, ha registrado esta semana dos escritos con la intención de lograr la paralización efectiva de la explotación minera de la filial gallega de Votorantim.

Sánchez interpuso ante la alcaldía del Ayuntamiento de Triacastela recurso de reposición contra la licencia municipal, solicitando la suspensión cautelar de la misma. Simultáneamente, presentó ante la Secretaría Xeral de Ordenación del Territorio e Urbanismo (COMATI) un documento solicitando a la Xunta el requerimiento al Ayuntamiento de Triacastela la anulación de la autorización otorgada a Cementos Cosmos para la explotación de la concesión 'Don Isidro' por causa de nulidad de pleno derecho, por omisión total y absoluta del procedimiento de autorización de la licencia y por vulneración de la normativa urbanística y de protección de los valores ambientales, paisajísticos y patrimoniales.

AGE precisa que la Cueva de Eirós, al ser acreditada la existencia de arte rupestre, es un Bien de Interés Cultural (BIC) con independencia de que la Xunta no lo haya declarado formalmente, ya que así lo dispone el artículo 40.2 de la Ley 16/1985, de 25 de junio, de Patrimonio Histórico Español, que indica que "quedan declarados Bienes de Interés Cultural por ministerio de esta Ley las cuevas, abrigos y lugares que contengan manifestaciones de arte rupestre", y también en aplicación de la Disposición Adicional Primera de la Ley 8/1995, del 30 de octubre, del patrimonio cultural de Galicia, que determina que "todos aquellos bienes muebles e inmuebles situados en el ámbito territorial de la Comunidad Autónoma de Galicia que fuesen declarados de interes cultural con anterioridad a la entrada en vigor de esta Ley pasarán a ter la consideración de Bienes de Interés Cultural y quedarán sometidos al mismo régimen jurídico de protección aplicable a estos".

En consecuencia la Cueva de Eirós es, por ministerio de la Ley, un BIC, razón por lo cual los terrenos del yacimiento y su área de protección (200 metros), deben ser considerados a efectos urbanísticos como suelo rústico de protección patrimonial y en dicha clase de suelo la licencia municipal para actividades mineras debe ir precedida de un acuerdo del Consello de la Xunta, el cual en ningún momento fue adoptado, por lo que que en la práctica "se omitió el procedimiento legalmente establecido y la licencia es nula de pleno derecho", remarcan desde AGE.

Debido a estos y otros motivos relativos a la irregularidad tramitación ambiental de la explotación -que la formación señaló en días pasados-, para Alternativa Galega de Esquerda "sobran las razones para paralizar inmediatamente la actividad, anular la licencia y garantizar la conservación de los valores anteriormente citados, a no ser que las administraciones, Ayuntamiento y Xunta de Galicia no trabajen para el interés general".

AM/Redacción
23.8.2014
O Grupo parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), a través do seu deputado Antón Sánchez, rexistrou hoxe dous escritos, instando á anulación da licenza outorgada a Cementos Cosmos polo concello de Triacastela.
Antón Sánchez interpuxo ante á alcaldía do Concello de Triacastela recurso de reposición administrativo contra da licenza, solicitando en dito recurso a suspensión cautelar da mesma. Ao mesmo tempo, e tamén hoxe mesmo, presentou ante a Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo-COMATI un escrito solicitando da Xunta que lle requira ao concello de Triascastela a anulación da licenza outorgada a Cementos Cosmos para a explotación de Don Isidro, por causa de nulidade de pleno dereito, por omisión total e absoluta do procedemento de outorgamento da licenza e por vulneración da normativa urbanística e de protección dos valores ambientais, paisaxísticos e patrimoniais.
Tanto nun caso coma noutro, Xunta e Concello de Triacastela están obrigados a resolver expresamente sobre tales escritos.
O grupo parlamentar precisa que a Cova de Eirós, ao constar acreditada a existencia de arte rupestre, é un Ben de Interese Cultural (BIC), por ministerio da lei, con independencia de que a Xunta non a teña declarado formalmente, xa que así o dispón o art. 40.2 da Lei 16/1985, de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español (“Quedan declarados Bienes de Interés Cultural por ministerio de esta Ley las cuevas, abrigos y lugares que contengan manifestaciones de arte rupestre”) e tamén en aplicación da Disposición Adicional Primeira da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, e que determina que “todos aqueles bens mobles e inmobles sitos no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia que fosen declarados de interese cultural con anterioridade á entrada en vigor desta lei pasarán a te-la consideración de bens de interese cultural e quedarán sometidos ó mesmo réxime xurídico de protección aplicable a estes”.
En consecuencia a Cova de Eirós é, por ministerio da lei, ope legis, un BIC (Ben de Interese Cultural) polo cal os terreos da Cova e a súa área de protección (200 metros, de acordo co planeamento de aplicación, as Normas Subsidiarias provinciais de Lugo, ao carecer Triascatela de planeamento municipal propio) deben ser considerados a efectos urbanísticos como solo rústico de protección patrimonial e en dita clase de solo a licenza municipal para actividades mineiras debe vir precedida dun acordo do Consello da Xunta, acordo que non se adoptou. En efecto, a DT 12ª da LOUG, permite o outorgamento de licenza municipal ás explotacións mineiras existentes o 01/01/2013, pero cando a clase de solo é rústico protexido patrimonila, dita licenza só pode outorgarse “logo da autorización do Consello da Xunta, oída a Comisión Superior de Urbanismo de Galicia e por proposta da consellaría competente en materia de minas. O Consello da Xunta valorará a compatibilidade ou non da explotación cos valores naturais, ambientais, paisaxísticos e de patrimonio cultural existentes ou coa súa vinculación a pactos ambientais”.
E a realidade é que o concello de Triascatela, ao non considerar a clasificación legalmente obrigada de rústico protexido patrimonial de parte dos terreos afectados pola mina, outorgou a licenza sen que fose expresamente autorizado polo Consello da Xunta. Omitiuse o procedemento legalmente establecido e a licenza é nula de pleno dereito.
Con independencia de dita causa de ilegalidade da licenza, AGE tamén inclúe nos seus escritos outros motivos, como a omisión indebida do trámite ambiental, pola improcedente aplicación da DT 12ª, pola incoherencia co contido dos informes sectoriais que alertan dos riscos da explotación sobre a Cova de Eirós, e o Camiño de Santiago, ou por outorgar unha licenza en terreos parte dos cales están nun litixio de recuperación posesoria municipal.
Por todo isto, para Alternativa Galega de Esquerda “sobran as razóns para paralizar inmediatamente a actividade, anular a licenza e garantir a conservación dos valores anteriormente citados, a non ser que as administracións, Concello e Xunta de Galicia, non traballen para o interese xeral”.
- See more at: http://alternativagalega.com/age-recorre-licenza-cementos-cosmos-insta-da-xunta-requira-concello-anulacion-da-mesma/#sthash.2SH4mWm3.dpuf

  ALERTAMINERA.net

Regresar a inicio